A ocupación hoteleira no Grove acadou o 70% nestes días

    TURISMO_GROVEcopy.jpgGROVE> A folga de controladores aéreos a nivel estatal provocou que un 20% das reservas para estes días se viran canceladas.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_PONTE.flv{/flowplayer}

    Un trinta e cinco por cento nalgúns hoteis e ata un noventa e cinco por cento noutros son os datos cos que conta a asociación de hostaleiros de O Grove en canto a ocupación hoteleira nesta ponte da Constitución. Unha media do setenta por cento o que supoñen uns datos que o seu presidente, Jorge Ollero, valorou de maneiro moi positiva tendo en conta, tal e coma el explicaba, a época do ano na que nos atopamos e o mal tempo que se rexistrou nos primeiros días desta ponte.

    Ademais, a folga de controladores aéreos a nivel estatal provocou que moitos turistas que se ían desprazar ata a localidade cancelasen as súas reservas. Segundo informou Olleros ata un vinte por centro menos de reservas.

    Os turistas procedentes de Madrid, Asturias, Castela e León e Galicia seguen a ser os máis habituais polas rúas mecas. Ademais, a pesares de que o comezo os resultados das xornadas de exaltación da centola non foron moi esperanzadores, grazas á ponte o número de usuarios aumentou.

    Con estes datos, o presidente dos hostaleiros manifestou que O Grove segue consolidándose coma destino turístico, sobre todo pola súa gastronomía.

     Redacción Salnés