Once detidos nunha macrooperación contra o narcotráfico en Arousa

    SALNÉS> O operativo, denominado Roquefort-Suppo, desenvolveuse no entorno do Salnés a cargo da Udyco de Pontevedra. As dilixencias están declaradas secretas, pero segundo nos informan desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, entre onte e esta mañá os once arrestados pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Vilagarcía. Onte foron catro os que declararon: tres varóns e unha muller para os que se decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para os homes e prisión eludible baixo fianza de 2.000 euros para a muller. Fianza que xa se abonou. Dos sete que pasaron hoxe a disposición, catro homes e dúas mulleres, o xulgado retivo o pasaporte a seis deles e deixounos en liberdade coa obriga de comparecer semanalmente no xulgado. Para o sétimo, un varón, decretouse prisión eludible baixo fianza. Tódolos detidos son españois agás unha das mulleres.