Impulsan un programa turístico para descubrir a pegada en Vilagarcía do Pai Sarmiento

VILAGARCÍA> Para poñer en valor os recursos turísticos de Vilagarcía e dar a coñecer a súa riqueza natural e patrimonial, os alumnos do Obradoiro de Turismo do Labora Xove impulsan ‘Sarmiento pola vila’.

A proposta inclúe unha visita guiada polo centro da cidade, que vai transcorrer pola ruta do Pai Sarmiento.

Os días 10, 17 e 24 deste mes van organizar unha mesa turística no Mercado vilagarciá, para que os veciños poidan pedir información sobre os recursos turísticos da cidade. Teñen programada tamén unha actividade de xeocaching.

O completo programa deseñado polos alumnos é para o responsable deste obradoiro unha boa mostra do traballo desenvolto durante a acción formativa.

Neste módulo formativo participaron 8 alumnos, que ás súas costas deixan xa nove meses de intensa aprendizaxe.