Portos saca a licitación a renovación do firme no peirao de Rianxo

RIANXO> Portos de Galicia vén de sacar a licitación a renovación do firme da explanada do peirao de Rianxo, concretamente o tramo comprendido entre a gasolineira do porto e a lonxa.

A actuación, que se prevé executar a partir do mes de setembro, incluirá a renovación do pavimento mediante o estendido de mestura bituminosa e a renovación das marcas viais.

Trátase dunha actuación moi agardada tanto polos usuarios do porto como tamén polo executivo local, que dende hai tempo viñan solicitando o seu arranxo polo mal estado no que se atopaba o firme.