Deporte e solidariedade irán de novo da man en Rianxo ca andaina en favor de ASANOG

RIANXO> Os beneficios da proba, que terá lugar o vindeiro sábado 6 de novembro, irán a parar a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos, ASANOG.

Esta mañá presentábase no Concello a primeira edición da Andaina Solidaria en favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos, ASANOG que terá lugar o sábado 6 de novembro a partir das dez e media da mañá. Todo o recadado na proba a través das inscricións irá a parar a este colectivo.

Na presentación tamén tomou parte o padexeiro olímpico, Adrián Mosquera, que actuará de padriño da proba.

A proba, aberta a  tódalas categorías, contará con dous percorridos con dous niveis de dificultade, unha baixa de catro quilómetros e outra media de once. O custe será de dez euros para maiores de idade e cinco para menores.

Todas aquelas persoas que non poidan participar ese día na andaina, poderán colaborar tamén coa causa a través do dorsal cero doando a cantidade desexada a través da pasarela de pago ou na Praza Castelao o propio día da andaina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí