O PSOE esixe a adaptación do PXOM para un modelo de cidade sostible

    adaptacionpxom_100_040108.jpgRIBEIRA > O grupo municipal do PSOE presentou unha pregunta ó pleno do concello en relación ó proceso de adaptación do PXOM á Lei do Solo de 2002.

    Na pregunta rexistrada no concello, os socialistas queren saber en que punto se atopa o proceso para a contratación dunha asistencia técnica que permita a actualización do actual plan urbanístico. Interésanse ademais por saber se o concello ten solicitado algún tipo de subvencións para acometer os traballos de adaptación do PXOM.

    A este respecto, o portavoz do PSOE ribeirés, Toño Novoa, explicou que Ribeira conta cun ordeamento obsoleto, que non cumpre coa actual normativa en materia urbanística e ambiental, o que trae consigo problemas para os veciños.

    Entrega simbólica

    Para chamar a atención sobre o actual modelo urbanísitco de Ribeira, os socialistas quixeron facer entrega dunha árbore ó concello para que sexa prantada no parque de Pedra Pateira.

    Con este acto simbólico, agardan que tanto a administración como os propios veciños tomen conciencia da necesidade de avanzar cara un modelo de cidade sostible con maior calidade de vida para os seus habitantes.

    {flowplayer}barbanza/adaptacionpxom.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza