NOIA> Cincuenta nadadores daranse cita este sábado en Noia para participar na travesía a nado entre o porto de Testal e O Freixo. Esta proba, organizada pola asociación ADECO-DEA, busca promover o deporte inclusivo.
Un ano máis, e xa van dezaoito, a asociación ADECO DEA, en colaboración co concello de Noia, volve organizar a travesía solidaria entre Testal e O Freixo. Será este sábado a partir das catro e media a tarde e contará coa participación dun máximo de cincuenta nadadores.
O número de inscricións reduciuse á metade este ano para garantir o cumprimento das medidas de seguridade que serán moi estritas para evitar posibles contaxios.
Non se poderán utilizar os vestiarios do club de remo como se adoitaba facer e tampoco se celebrará a tradicional merende de confraternidade aínda que si se entregará ós participantes unha mochila con avituallamento á súa chegada. Tamén se lles facilitarán máscaras de protección no traslado a porto tanto en barco como por terra. A piques de concluír o prazo quedan apenas sete prazas libres así que os interesados en participar deberán inscribirse o antes posible a través da páxina web galitiming.com. A cota da inscrición é de dez euros.