![]()
CAMBADOS> A través de xogos e manualidades vinte rapaces aprenderon o significado de Cruz Vermella e as accións humanitarias que realizan.
{flowplayer}images/salnes/OBRADOIRO_CRUZ_VERMELLA.flv{/flowplayer}
Con motivo da celebración das xornadas de integración social que a semana pasada acolleu a Biblioteca Municipal de Cambados, onte varios voluntarios da sede de Cruz Vermella no Salnés desprazáronse ata a localidade para explicarlles a estes rapaces as accións e os traballos que realizan día a día. Unha labor, a de chegar ós rapaces difícil pero non imposible.
Grazas a estas manualidades referidas a temas de integración, cooperación e solidariedade coñeceron a labor que realmente realizan desde Cruz Vermella. Os cativos que participaron nesta ocasión tiñan entre seis e doce anos. E todos ademais de pasalo ben recoñeceron que aprenderon moitas cousas.
Desde o concello agardan poder celebrar máis obradoiros destas características o vindeiro ano.
Redacción Salnés










