Os premios da Centola pechan as xornadas de exaltación gastronómica

    juan_mascato copia.jpgO GROVE> Houbo galardóns para os maiores exemplares, dous restaurantes e unha mención especial a Juan Mascato, coñecido mariñeiro da vila.

    {flowplayer}images/salnes/PECHE_EXALTACION_CENTOLA.flv{/flowplayer}

    Non o tivo fácil este ano o xurado dos premios da Centola para decidirse polos gañadores nas diferentes categorías. Boa proba son os dous empates que se deron este ano: un, inevitable, pois houbo dúas embarcacións que capturaron o maior exemplar macho desta edición: dúas centolas que pesaron cada unha 4 quilos 250 gramos. Foron o ‘Deseado’ e ‘Marta’, barcos ós que se sumou o ‘Chapeliño’ co premio á mellor centola femia do 2010.

    O outro empate deuse na categoría de restaurantes. Os membro do xurado non puideron decidir cal elaborou as receitas de centola máis lograda, se o Beiramar, ou o Tapería.

    Si houbo unanimidade na distinción de honra a un mariñeiro senlleiro da vila, Juan Mascato, que despois de 50 anos traballando no mar asegura que non bota de menos saír a navegar, pero non pode evitar acudir a diario á lonxa.

    Redacción Salnés