![]()
RIBADUMIA> Pablo Martínez Cornes, xunto ca súa nai, a súa muller e fillo viven e traballan nun edificio, sito no lugar da Senra, en Ribadumia, cuxo baixo está a ser tapiado a…
{flowplayer}images/salnes/denuncia_bar_senra.flv{/flowplayer}
… escasos centímetros das súas ventás e portas. Os problemas veñen de vello cando o seu pai morreu sen testar e se recrudeceron as desavinzas familiares. A relación entre Pablo e a súa nai ca súa irmá María chegou a un punto de desentendemento tal, que tiveron que nomear un administrador das empresas que compartían para conseguir sacar adiante a adega e o bar nos que traballan. A día de hoxe, Pablo e súa nai procuran que o administrador deixe de selo, por ter incumprido reiteradamente o traballo que lle foi encomendado. Foi entón, este pasado luns, cando comezaron a intensificarse as provocacións: como o desvío da liña telefónica e de internet, o tapado dunha das cámaras de videovixiancia e o tapiado das fiestras e portas entre outras. Así as cousas, Pablo e os seus teñen que pasar polo medio do bar cada vez que queren facer algo tan sinxelo como ducharse. Amais, o bar que rexentan só lle queda o acceso frontal para todo: para a clientela e para os proveedores.
A tensión chega ata o límite de que nunha recente urxencia médica da súa nai impediron ós sanitarios atendela polo acceso acostumado. Antes de que a situación os desbordase pediron axuda ás autoridades. Para máis inri, Pablo non pode acceder ás oficinas familiares para levar a cabo os seus traballos empresariais como a cotío nin para coller a documentación precisa para levar adiante esta demanda porque unha empresa de vixilancia privada lle impide o paso as súas copropiedades as 24 horas do día.
E por se fora pouco, pensa que estes servicios se están a pagar co patrimonio familiar que tamén sae do seu peto. Canalriasbaixas intentou por tódolos medios poñerse en contacto co administrador da empresa, ou co din que é o novo apoderado que é casualmente o cuñado de Pablo, para coñecer a súa versión, sen éxito ata o momento.
Redacción Salnés







