Un boirés atropelado ó intentar cruzar por un paso de peóns

    atropeloboiro_copia.jpgBOIRO> A consecuencia do golpe o ferido tivo que ser trasladado en ambulancia ó Hospital do Barbanza cunha posible fractura nunha perna.

    {flowplayer}barbanza/atropeloboiro.flv{/flowplayer}

    Neste paso de peóns, na rúa Principal de Boiro, fronte á propia casa consistorial, foi o lugar no que se producíu o atropelo. A vitima, Benigno Chouza Romero, de 77 anos, e veciño de Comoxo, intentaba cruzar a rúa, momento no que foi envestido por unha furgoneta Renault Express con placas de matrícula C-0049-AK, conducida por outro veciño da localidade de 50 anos.

    Ata o lugar do suceso para socorrer á vitima achegáronse membros da Policía Local e de Protección Civil de Boiro, así como unha ambulancia do 061 que trasladou ó ferido ó Hospital do Barbanza xa que presentaba unha posible fractura de tibia e peroné nunha das súas pernas.

    Redacción Barbanza