![]()
BARRO> A vítima, de 58 anos, resultou ferida grave. O suceso puxo de manifesto a carencia de pasos de peóns na parroquia da Devesa.
Pasaba da unha da tarde do venres cando un vehículo arroiou a unha muller, de 58 anos e veciña do lugar da Devesa, no concello de Barro. A vítima, que responde ás iniciais MSL, sufriu diversas contusións de consideración grave e tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Domínguez de Pontevedra, por unha ambulancia do 061.
Os feitos ocorreron na estrada PO-531. Unha vía que atravesa o municipio de Barro e que carece de pasos de peóns, beirarrúas ou pasos a nivel, no seu percorrido pola parroquia da Devesa. Os veciños da zona lamentan a falta de infraestruturas nesta zona, que adoita ser moi transitada polos veciños.
A vía está limitada a 50 quilómetros, por hora. Sen embargo, a maioría dos vehículos que circulan pola zona superan o límite de velocidade establecido. Un feito que ten asustados aos veciños, sobre todo a aqueles que teñen fillos en idade escolar.
OPOSICIÓN AO PROXECTO DE AMPLIACIÓN
Os veciños aseguran que a esta estrada será máis perigosa si se leva a cabo o proxecto de ampliación da vía, impulsado pola consellería de Política Territorial. O departamento dirixido por María Xosé Caride deseñou unha estrada de catro carrís, para axilizar o tráfico entre Vilagarcía e Pontevedra.
A vítima foi trasladada, esta tarde, á clínica Fátima de Vigo onde permanece ingresada con diagnóstico reservado.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/270309_accidente_PO531.flv{/flowplayer}








