O futuro Club de Xubilados depende agora dun convenio ca Deputación

    pleno_illa_100.jpgA ILLA> Máis dunha hora tardaron en poñerse de acordo os políticos da Illa na sesión plenaria celebrada onte sobre a creación dunha nova sede para…

    {flowplayer}images/salnes/pleno_illa.flv{/flowplayer}

    … o Club de Xubilados local. O centro da polémica residiu en que, agora que o Concello cedeu a casa do Campaneiro para levar a cabo esta actuación; socialistas e populares non se poñen dacordo sobre quen ten que facerse cargo do custe proxecto de redacción e execución do proxecto. Segundo o equipo de goberno insular, o Presidente da Deputación de Pontevedra comprometérase ante os propios xubilados a financiar a obra; unha vez que o Concello puxese o seu dispor os terreos axeitados.

    Pola contra, desde o PP aseguran que a promesa non foi tal que así e que o Concello debería ter que poñer do seu peto para redactar o proxecto e buscar, se fose mester, outros apoios, por exemplo na Xunta de Galicia.

    Finalmente, saíu adiante a moción dos socialistas cos votos a favor dos seus e do BNG, en virtude do cal o Concello cederá o antedito inmoble baixo a condición de que sexa a Deputación a que redacte o proxecto e execute as obras, tal e como está a facer, e puxo varios exemplos, noutros concellos da contorna, onde goberna o Partido Popular.

    Redacción Salnés