Avanzan as xestións para a rexeración da Praia da Braña

    VILANOVA> Avanza o proxecto de rexeración da Praia da Braña, no Concello de Vilanova. Unha vez que a Confraría e o Concello coincidiron en que era mester…

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_vilanova_.flv{/flowplayer}

     … rexerar este espazo con area do río Miño, que amais é óptima para o marisqueo, só queda xestionar a súa acometida ca Dirección Xeral de Costas, ca que se determinará o xeito de rexerar esta praia e o orzamento preciso. Este foi o primeiro dos compromisos que arrincou o Alcalde, Gonzalo Durán ó Subdelegado do Goberno, Antonio Coello Bufill, na súa primeira visita institucional a este Concello. Segundo o Alcalde, ca recuperación deste areal e ca creación dun novo dique e ca demolición da nave de Charpo, porase en valor esta zona litoral do centro urbán vilanovés; cos consecuentes beneficios para a cidadanía.

    Nesta xuntanza, tamén se falou doutros temas de orde pública , de estradas e de emprego. Entre outras cousas, Durán pediu axuda para sacar adiante o Polígono Industrial de Baión, conseguindo empresas que queiran asentarse neste lugar e crear riqueza na comarca. Un dos compromisos, foi o de mellorar o enlace de acceso e desmontar unha inxente morea de terra que resta visibilidade a algunhas das parcelas do parque industrial.

    A vindeira sermana será o novo xerente da SEA o que manteña un encontro co rexedor vilanovés para falar deste mesmo polígono.

    Redacción Salnés