Mar anima a consumir mexillón galego nas festas de Nadal

    MEXILLON_PROMO copia.jpgSALNÉS/BARBANZA> A Xunta trata de incentivar as vendas dun sector afectado este ano pola toxina lipofílica e os temporais.

    {flowplayer}images/salnes/PROMOCION_MEXILLON.flv{/flowplayer}

    Nestes días nos que moitas familias e locais de hostalería están a pensar xa nos menús de Nadal, a concellería do Mar quere chamar a atención dos consumidores para que opten por incluír mexillón nos seus pratos. Por suposto, das rías galegas. Este produto rexistra agora mesmo uns niveis de calidade óptimos, por iso a Xunta trata de incentivar a súa competitividade fronte a produtos foráneos nun intento de recuperar a súa cota de mercado logo das dificultades polas que pasou este ano o sector.

    A campaña publicitaria estase a levar a cabo tanto nas rúas, con paneis promocionais, coma nas propias prazas de abastos e centros de hostalería. A estas iniciativas súmanse dúas xornadas gastronómicas nas que participan 88 restaurantes de toda Galicia, actividades nas que a Xunta prevé investir máis de 200.000 euros.

    Redacción Salnés