Carlos Guerrero apunta como candidato socialista á alcaldía

    CARLOS_GUERRERO copia.jpgVILAGARCÍA> Así o propuxo onte a comisión executiva do partido. Agora só falta que a militancia dea o visto bo o 22 de decembro.

    {flowplayer}images/salnes/CARLOS_GUERRERO_CANDIDATO.flv{/flowplayer}

    No PSOE de Vilagarcía levan xa varias semanas realizando movementos para buscar a persoa que liderará a lista coa que concorrerán ás vindeiras eleccións municipais. Carlos Guerrero será, con toda probabilidade, esa persoa. Así o acordou onte a executiva local durante unha xuntanza ordinaria. Iso si, a proposta da executiva terá que ser ratificada polos militantes do partido nunha asemblea xeral para a que tamén hai data: o vindeiro mércores 22 de decembro.

    O nome de Carlos Guerrero é o que viña soando con máis forza, sobre todo despois da enquisa interna encargada pola directiva socialista, na que recibiu a mellor valoración como posible candidato entre as persoas baralladas: Jesús Paz, Modesto Pose e a secretaria da organización a nivel local, Tania García.

    Carlos Guerrero presentouse por primeira vez a unhas eleccións municipais no ano 2003 como independente. Dentro do goberno vilagarciá ocupou o cargo de concelleiro de Deportes, carteira á que tivo que renunciar hai catro anos por problemas de saúde.

    Redacción Salnés