UUAA ve prevaricación nos expedientes a viticultores de R.B.

    uuaa_denuncias copia.jpg SALNÉS> O sindicato estuda accións legais contra as sancións por exceder os cupos e solita un pleno extraordinario do Consello Regulador para cambiar o regulamento.

    {flowplayer}images/salnes/UUAA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Unións Agrarias solicitará entre hoxe e mañá a convocatoria dun pleno extraordinario do Consello Regulador da DO Rías Baixas para intentar que non se remitan á consellería do Medio Rural os expedientes dos viticultores que sobrepasaron as cotas de produción nesta última colleita. É unha das decisións ás que chegaron onte na xuntanza mantida con preto de 700 viticultores, segundo cálculos do sindicato.

    A outra medida que se planteou nesta xuntanza é a posibilidade de emprender accións legais pola comisión dun presunto delito de prevaricación por parte dos responsables de remitir os avisos de apertura de expedientes ós viticultores que pasaron no 2009 as cotas de produción. Unións Agrarias intentará que nese pleno extraordinario se valore de novo a necesidade de modificar o regulamento do Consello Regulador no que atinxe ós topes de produción por hectárea de viñedo.

    A proposta do sindicato é que cada ano, en previsión do volume da colleita, se fixen as cotas de produción. Segundo o sindicato é posible: unha empresa de Vigo realiza estudos que permiten cuantificar a produción en xullo-agosto. Outra das peticións nas que insiste o sindicato é que se elabore un censo de viñedos que reflicta a realidade do que se produce en Rías Baixas, porque non é de recibo, din que se pretenda a viticultores no 2009 tendo como referencia un catastro do ano 95.

    Na última colleita do 2010, a máis abondosa da historia da DO, foron moitos os viticultores que sobrepasaron as cotas, por iso no pleno extraordinario que solicitarán ó Consello Regulador, pedirán ós asistentes que non se remitan os expedientes informativos a Medio Rural, pois entenden que os produtores o único que fixeron foi recoller tódalas uvas e canalizalas polos cauces legais.

    Redacción Salnés