A Anpa da Escardia e Xente de a pé repartirán máis de 200 máscaras aos escolares do centro

VILAGARCIA> A Anpa da Escardia e a asociación Xente de a pé entregarán máis de 200 máscaras entre os estudantes da escola vilagarciá. A iniciativa xurdiu das nais e pais da Escardia para recompensar aos pequenos polo seu tempo de confinamento. As máscaras son feitas pola asociación Xente de a pé que xa leva feitas máis de 8 mil durante a corentena.

Despois de máis dun mes e medio confinados nas súas casas, os máis pequenos puideron volver ás rúas. Para protexelos, dende a Anpa do CEIP a Escardia decidiron conseguirlles máscaras. A adquisición foi posible grazas a colaboración coa asociación Xente de a pé. Unha maneira de premiar aos pequenos polo seu comportamento durante o confinamento.

Ambas asociacións entregarán máis de 200 máscaras. O punto de recollida é a multitenda A Diario. Dende a Anpa organizan ás nais e pais para evitar as acumulacións.

As máscaras son elaboradas pola asociación Xente de a pé. A agrupación xa leva confeccionadas máis de 800 mil pezas durante a corentena.

Na agrupación traballan corenta asociadas de forma solidaria para confeccionar máscaras de primeira calidade.

Dende a asociacións, as súas únicas peticións que piden polo seu traballo son materias para confeccionar máis máscaras ou alimentos para os máis necesitados ou a protectora de animais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí