Poio contará en tres meses cunha minidepuradora dentro da lonxa

    portos_a_100.jpgPOIO> O Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, visitou hoxe a lonxa de Campelo, en Poio, para reunirse sobre o terreo…

    {flowplayer}images/salnes/pte_portos_lonxa_campelo.flv{/flowplayer}

     … cos representantes das tres confrarías que explotan de xeito conxunto esta Ría de Pontevedra; a de Lourizán, a de Pontevedra e a de Raxó. Aquí, tras coñecer de primeira man as súas necesidades, anuncioulles a inminente creación dunha minidepuradora de marisco con capacidade para 2.000 quilos de marisco nas propias instalacións desta rula.

    Esta instalación suporá unha inversión do ente autonómico de 40.000 euros e podería estar operativa o vindeiro mes de febreiro. Esta mellora era longamente agardada polas mariscadoras da contorna que se vían obrigadas a devolver o marisco ó mar despois de apañalo cando o prezo de venda non pagada a pena; tal e como asegurou a Patroa Maior de Lourizán, MariCarmen Vázquez.

     Pero a preocupación máis importante destes tres pósitos é a clasificacións das súas zonas extractivas, todas son B, agás a de Lourizán que segue sendo C. É por iso polo que piden ás autoridades que sigan traballando na depuración das augas e na rexeneración destes bancos. A este respecto, o titular de Portos adiantou este serán que o seu departamento está a estudiar a mellora do leito do Río Lérez co fin de mellorar, tanto os acceso ó peirao das Corbaceiras e ó de Pontevedra, como os bancos marisqueiros do vértice desta ría Pontevedresa.

    Redacción Salnés