Quintana comprométese a acadar o 8 por cento da OCM para Galicia

    quintanacondesalbarei_100.jpgCAMBADOS > A campaña electoral trouxo esta mañá ata a adega Condes de Albarei, en Cambados, ó líder do BNG, Anxo Quintana, e á cabeza de lista …

    … do partido por Pontevedra, Olaia Fernández. Con eles estivo o Conselleiro de Medio Rural, o tamén nacionalista Alfredo Suárez Canal, e unha representación dos portavoces municipais do partido na comarca. Na visita Quintana comprometeuse con esta adega, e con todo o sector vitivinícola galego, a defender os seus intereses non só en Galicia, senón tamén en Madrid.

    O sector vitivinícola galego é segundo os nacionalistas un dos piares básicos da económica galega que ademais esta a axudar asentar a poboación e o sistema económico e social do rural. Darlle o seu apoio ó empuxe do sector, é un dos obxectivos do BNG non só en Galicia, senón tamén no Estado, a través da súa presenza no Congreso dos Deputados. De aí, destacou hoxe o líder do partido, a importancia de que o BNG acade unha representación significativa no Parlamento, para poder defender tamén en Madrid os intereses de Galicia.

     Anxo Quintana tamén aproveitou o acto para criticar a actitude que mostran os políticos galegos pertencentes tanto o Partido Popular coma o Partido Socialista cando chegan ó goberno central. Subliñou, que sempre que cando ámbolos dous estiveron no poder, se esquenceron das necesidades do país. Un carácter camaleónico dixo, que se reflexa nas axudas concedidas dende o Estado ó sector vitivinícola galego a través da OCM, na que segundo o nacionalista se prima a cantidade por riba da calidade.

    Dende o 2000, Galicia só percibe o un por cen dos máis de 3000 millóns de euros concedidos ó sector vitivinícola estatal. Isto, a pesares de que contamos co 10 por cen das denominacións de orixe do estado, e cun 32 por cento das explotacións vitivinícolas españolas.

    Redacción Salnés