Comezan as obras pola supresión dos pasos a nivel en Valga

    valga100_210208.jpgVALGA > As máquinas escavadoras comezaron hoxe a traballar na supresión dos pasos a nivel existentes no tramo de vía que une

    … Valga con Pontecesures ó seu paso pola parroquia de Cordeiro. Despois do atraso que tiveron estas obras por mor da oposición dalgún veciño a ceder os terreos hoxe víronse cumpridas as expectativas dos veciños que loitaron por unha vía do tren máis segura.

    Agora a empresa adxudicataria das obras iniciará a construcción de pasos elevados despois de levar dous meses traballando en novos accesos e na execucións dos terreos expropiados que nalgún caso particular ocasionaron serios atrasos no comezo das obras.

     A alarma saltou cando en abril do 2007 tres veciños faleceron arrollados por un tren no paso a nivel da parroquia de Campaña en Valga. A partires dese intre os veciños mobilizáronse ata que chegaron a un acordo co Concello e mailo Adif para tomar medidas e paliar a situación.

    Achegámonos ata os veciños máis próximos á vía do tren ó seu paso por Cordeiro para coñecer as súas impresións, hai opinións tanto en contra como a favor. Mais tarde comprobamos a velocidade excesiva á que pasa o tren por este tramo sen dar tempo á precaución ou no seu caso á detención se ocorrese algunha incidencia.

    Nembargantes os veciños reiteran a súa intención de seguir loitando para que se manteña o tren de proximidades.

     Redacción Salnés