Abanqueiro estrea centro social

    centrosocialabanqueiro.jpgBOIRO> O executivo boirés inauguraba as instalacións do Centro Social Multiusos e o parque biosaudable onde se investiron preto de 1’2 millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/centrosocialabanqueiro.flv{/flowplayer}

    Coa presenza de varios membros da corporación local, entre os que se atopaban o propio alcalde, Xosé Deira, inaugurábase este sábado o novo centro social multiusos de Abanqueiro que levará o nome da ‘Fieiteira’, en clara referencia ó lugar no que está emprazado o edificio.

    1’2 millóns de euros

    A cantidade investida nesta actuación ascendeu a preto de 1’2 millóns de euros, que foron aportados na súa totalidade tanto pola Xunta de Galicia como pola Deputación da Coruña, a través de distintos programas.

    Importante tecido asociativo

    O novo Centro Social virá a cubrir un importante baleiro nesta parroquia, que conta cunha forte tradición asociativa, contribuíndo a dinamizar a vida sociocultural da mesma. O edificio conta cunha pranta baixa de 446 metros cadrados, na que destacan o salón de actos, con capacidade para algo máis dun cento de persoas, e a cafetería. Na primeira pranta sitúase a biblioteca, con máis de 300 metros cadrados, e dúas aulas de distintas dimensións.

    Parque biosaudable

    Posteriormente a comitiva de autoridades acompañados polos veciños que tamén quixeron asistir, procederon tamén á inaguración do parque biosaudable, que vén a completar a rede de instalacións deste tipo realizadas en distintas parroquias destinadas á práctica de deporte, sobretodo por parte da xente maior, ó aire libre, uníndose ós xa existentes nos paseos marítimos de Barraña e Escarabote e tamén en Cabo de Cruz.

    Redacción Barbanza