Complétanse os copos no primeiro día da campaña de Nadal da vieira

    vieira_100.jpgCAMBADOS> Hoxe abriuse a campaña da vieira na Ría de Arousa. Unhas 25 embarcacións da Confraría de Cambados partían as nova desta mañá…

    {flowplayer}images/salnes/inicio_campana_vieira.flv{/flowplayer}

    … cara a zona 4; entre o Grove e Cambados, para coller este producto tan tipicamente galego, e tan característico deste ano xacobeo. O resultado desta primeira xornada foi satisfactorio porque tódalas embarcacións foron quen de chegar ó tope establecido en 40 quilos por tripulante. Con todo, constataron como a poboación desta especie vai camiño de estar esquilmada.

    Malia a escaseza deste producto e as datas nas que nos atopamos, a vieira véndese a 4 euros, un prezo que podería manterse o longo das vindeiras datas. Algo que non satisfai ós propios mariscadores que ven como o prezo non se corresponde á calidade.

    Esta vieira sae o mercado xa conxelada e eviscerada cun dobre indicativo de calidade; as marcas vieira de Galicia e Pesca de Rías. A novidade desta edición é que esta vieira está a ser comercializada pola unión da Confraría de Cambados, onde a pesca, a empresa Mariscos Beiro, encargada da súa evisceración, e a empresa Vieira de Galicia que é quen a comercializa.

    Redacción Salnés