O concello organiza un obradoiro titulado ‘Sinalando os límites’

    SINALANDO_LIMITEScopy.jpgVILAGARCÍA> O curso está destinado a pais e nais con nenos a partir de dous anos. Comezará en xaneiro e será de balde.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_RESOLUCION_CONFLITOS.flv{/flowplayer}

    Tralo éxito do obradoiro de resolución de conflitos entre pais, nais e fillos, que se desenvolveu no ano 2008, este ano ó longo dos meses de outubro e novembro o concello de Vilagarcía decidiu repetir a experiencia. Unha segunda edición que tamén foi valorada de maneira moi positiva. A profesora encargada de impartilas sete sesións nas que consistiu o curso, destacou a gran implicación e aceptación que tivo por parte dos pais.

    Xa que o obxectivo final era que os pais aprenderan a ver os seus fillos, xa adolescentes, non coma nenos senón coma adultos.

    E para abordar a problemática sinalaron que o mellor é facelo desde que son cativos. Por iso, no encontro tamén presentaron un novo obradoiro que se vai a desenvolver desde o mes de xaneiro ó longo de dez sesións para pais con nenos a partir de dous anos. O curso que leva por título ‘Sinalando os límites’ será de balde.

    O prazo de inscrición neste obradoiro ábrese a partir de mañá. Os interesados poden achegarse ó concello para facer efectiva a súa solicitude.

    Redacción Salnés