Mala xornada para a Preferente Sur cunha única vitoria

fotofutbolcopia.jpgSALNÉS> O único que se salvou foi o Sanxenxo, que venceu ante o Lalín. O Céltiga caeu ante o líder, o Pontellas e tamén perderon o Arousa o Cambados e Ribadumia.

{flowplayer}images/salnes/FutbolSalnes.flv{/flowplayer}

Só se salvou o Sanxenxo que lle gañou o Lalín, un dos favoritos para o ascenso por 1 a 3.

O Céltiga púxolle fin a súa boa racha de vitorias e caeu ante o Pontellas que demostrou por qué é o líder da categoría.

Foi un encontro con moita intensidade no que o Céltiga foi o encargado de abrir o marcador. Fíxoo nas botas de Manuel a pase de Juanito.

O Pontellas que non está acostumado a ter o marcador en contra, empregouse a fondo por cambialo. Aínda que tivo que ir ó descanso por detrás. Iso sí 6 minutos da segunda parte lle bastaron para acadar o empate. Pouco despois Beni abandonaba o campo por lesión e Rial tivo que reordenar a defensa. Aínda así o Céltiga seguiu creando perigo pero xa non era o mesmo dos primeiros minutos. Ferreiro apareceu de novo para facer o segundo gol. E o Pontellas acabou sentenciando cun penalti, claro de Óscar Río sobre Hugo que Iago se encargou de transformar se chegaba ó 1 a 3 definitivo.

Por outra banda o Cambados sumou outra derrota en Burgáns que segue sen alonxalo dos postos de descenso. Con todo os de Oliveira puxéronlle as cusas más complicadas do que agardaba o Verín. Os dous equipos crearon bastantes ocasións e o perigo en ambas áreas era constante, aínda que o Verín achegábase máis veces. Ahí chegou o primeiro gol, obra de Álex e foi cando empezou a cambiar a situación e repetiuse o esquema que xa está a ser habitual en Burgáns. Un Cambados ó que lle custa chegar a portería e máis aínda materializar as ocasións e que se perde nos pases curtos. Os erros dos de Oliveira deixan demasiados balóns mortos e un equipo como o Verín non deixa escapar esas ocasións. O segundo gol, fíxoo Boris e sentenciou o partido ó que o colexiado lle puxo fin no minuto 89.

O Arousa pola súa parte perdeu pola mínima ante o Nigrán e o Ribadumia tamén volveu encaixar unha derrota fronte ó Porriño.

Redacción Salnés