Investigan o intento de secuestro dun menor en Vilanova

    intentosecuestro_100.jpgVILANOVA > Os veciños de Vilanova mantéñense alerta despois de que dous mozos tentasen secuestrar a un rapaz de 11 anos en Corón.

    {flowplayer}images/salnes/intentosecuestro.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Os veciños de Vilanova mantéñense alerta despois de que dous mozos tentasen secuestrar a un rapaz de 11 anos en Corón. Os feitos aconteceron o martes ó mediodía, aínda que a denuncia non se formalizou ata onte. A Policía Local investiga o caso, coa colaboración directa da Garda Civil de Vilagarcía.

    A Garda Civil de Vilagarcía e a Policía Local de Vilanova investigan un intento de secuestro dun menor acontecido esta mesma semana. Os feitos ocorreron o martes ó mediodía nesta zona de Corón. Un rapaz de 11 anos acababa de baixar do autobús escolar cando dous homes se lle achegaron nun coche e lle ofreceron diñeiro para que se fose con eles.

    O feito foi denunciado polo pai do rapaz e desde o primeiro momento montouse un intenso dispositivo para esclarecer o incidente. Sen ánimo de crear alarmismo, as forzas de seguridade piden a colaboración cidadá para atopar o coche e os seus ocupantes. Polo de pronto, desde o colexio de Corón, onde estudia o neno, a dirección remitiu unha carta de advertencia ós pais.

    Redacción Salnés