Casting no mercado de abastos

    1

    casting_praza.jpg CALDAS> Os comerciantes serán os protagonistas dunha campaña publicitaria a prol dos mercados de abastos.

    Os mercados de abastos buscan o rostro que protagonice a súa campaña publicitaria. Hoxe comezaron os casting entre os comerciantes da praza de Caldas. A selección de candidatos continuará nos vindeiros días nos mercados de Barbanza, O Salnés e O Morrazo.

    "Traballamos para ti". É o eslogan da campaña publicitaria que se está a poñer en marcha para promocionar as vendas nos mercados de abastos municipais. Agora solo queda atopar ós protagonistas do anuncio. Unha empresa de marketing busca o rostro da campaña entre os vendedores dos mercados.

    Os protagonistas serán tres vendedores seleccionados entre os máis de 300 comerciantes adscritos ás prazas de abastos participantes, das comarcas de Barbanza, O Salnés e O Morrazo. Os tres seleccionados protagonizarán os tres spots que se van levar a cabo para animar á xente nova a mercar nas prazas de Abastos. Hoxe comezaron os casting no mercado de Caldas de Reis. Mañá estarán en Portonovo e en Sanxenxo.

    Confianza e calidade son os principais valores que tratan de transmitir os vendedores da praza de Abastos que están encantados con esta iniciativa. A mensaxe vai dirixida a tódolos públicos a través da publicidade, pero sobre todo ó público máis novo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/041109_casting_mercados.flv{/flowplayer}

    COMPARTIR