Falconetti queda absoluto do delito de branqueo capitais

    fotosentenciacopia.jpgPONTEVEDRA> Despois de pasar seis anos na cadea por tráfico de drogas, desta volta Falconetti e a súa dina saíron airosos da súa batalla xudicial.

    {flowplayer}images/salnes/SentenciaFalconetti.flv{/flowplayer}

    Finalmente as diferenzas entre os dous informes periciais acabaron facendo que a Audiencia Provincial de Pontevedra absolvese a Falconetti e a súa muller do delito continuado de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico polo que sentaban no banquiño dos acusados o pasado 23 de outubro. Quedan absoltos a pesares de que no seu momento, no ano 88 Falconetti xa cumprira seis anos de cadea por tráfico de drogas.

    Despois de escoitar tódalas declaracións e probas periciais, e tras dúas sesións xudiciais, o fiscal mesmo elevou a cantidade que consideraba que tiña branqueado o matrimonio. Máis de catro millóns e medio de euros entre os anos setenta e finais dos noventa.

    A pena ascendía a tres anos de cadea, que probablemente non cumprisen debido a súa idade, pero tamén a unha multa de trece millóns e medio de euros.

    Malia todo o tribunal non considera probado que se cometera o delito xa que non da por bo ningún dos dous informes periciais sobre o patrimonio de Falconetti e a súa dona. Dous informes que distan moito un do outro.

    Por unha banda, o realizado por unha subinspectora da Axencia Tributaria e pola outra, o presentado pola defensa e asinado por un asesor legal do imputado. Segundo manifesta o tribunal, as importantes contradicións entre ambos e a falta de máis probas, impiden ter argumentos legais para condenar o matrimonio.

    Todo isto, sen deixar no esquecemento os ingresos das actividades comerciais e industriais dos inculpados. Todo apunta a que o fiscal Antidroga da Audiencia Provincial presentará un recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

    Redacción Salnés