![]()
PONTEVEDRA> 14 alumnos, empregados de diferentes adegas, asisten a este curso que, despois de catro días de clases, despídese mañá.
{flowplayer}images/salnes/CURSO_INGLES_CONSELLO_REGULADOR.flv{/flowplayer}
O inglés é o idioma dos negocios. Por iso, o Consello Regulador da DO Rías Baixas leva anos esforzándose en formar a empregados das súas adegas nos termos específicos que esta lingua ten para falar de viños.
Este ano, a iniciativa conta con 14 alumnos matriculados, pertencentes os departamentos de administración e de exportación e enólogos, conscientes da importancia de saber desenvolverse nesta lingua.
Nesta edición, o curso impartido por Andrew Black, viticultor da zona de Burdeos pero nado en Inglaterra, está máis orientado cara as labores de promoción dos viños e da Denominación de Orixe. Pero cada ano, as temáticas cambian.
As clases comezaron o luns de esta semana, e daranse por finalizadas mañá. Despois o Consello Regulador despedirá esta iniciativa ata o vindeiro ano.
Redacción Salnés








