Concello e deputación invisten máis de 1,7 millóns de euros en modernizar tres rúas de Sanxenxo

PORTONOVO> Concello e Deputación invisten máis de 1,7 millóns de euros para modernizar e humanizar tres rúas de Sanxenxo. A obra principal realizouse en Portonovo, mellorando a seguridade viaria na rúa Areal para facilitar o tránsito dos peóns nunha zona na que se atopa o mercado e colexio.

O concello de Sanxenxo e a deputación de Pontevedra traballaron da man para modernizar tres rúas da vila. Entre as dúas administracións investíronse máis de 1,7 millóns de euros. Estas intervencións permitiron mellorar as estradas e aumentar as beirarrúas para dar prioridade aos peóns.

Especialmente imporante é a realizada na rúa Areal de Portonovo. Onde se investiron 800 mil euros nun proxecto que actuou nunha zona onde se atopa o mercado, a escola e a parada de autobuses.

Dende o concello destacan a importancia destes proxectos para mellorar a vida da veciñanza.

O goberno local tamén quixo mandar unha mensaxe aos críticos cos investimentos realizados en Sanxenxo.

A marxe destas obras, o concello continúa desenvolvendo proxectos para mellorar e humanizar a vila. Na actualidade atópase en obras a PO – 308 ao seu paso pola estrada da Lanzada en Portonovo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí