![]()
PONTEVEDRA> Deste plan vanse beneficiar máis de 1500 asociados entre os que están: Martín Códax, Condes de Albarei e Vitivinícola Arousana.
{flowplayer}images/salnes/XUNTA_GOBERNO_DEPUTACION.flv{/flowplayer}
Esta mañá a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu á aprobación do proxecto viñas Atlánticas do que se van a beneficiar máis de mil cincocentos asociados entre os que están tres cooperativas do sector vitivinícola da comarca do Salnés: Martín Códax, Condes de Albarei e Cooperativa Vitivinícola Arousana.
Un proxecto que sae adiante ó amparo do programa europeo life que vai permitir que as bodegas melloren a calidade final da uva a través de controis exhaustivos e rigorosos na aplicación de produtos fitosanitarios.
Na mesma xunta de goberno tamén aprobaron o convenio de colaboración coa Consellería de Cultura para o acondicionamento da ruta da Pedra e da Auga no concello de Meis. Ademais, para o mesmo concello, aprobaron o expediente de licitación e contratación mediante procedemento aberto da execución da Pousada da Armenteira.
Por último, aprobaron a necesidade da presentación da documentación necesaria en relación coa adxudicación da obra de reforma e acondicionamento da sede da sociedade cultural de Cambados ó amparo dun convenio asinado entre Deputación, a sociedade e o concello.
Redacción Salnés







