Boiro realiza melloras na ETAP para mellorar a calidade da auga

BOIRO> O executivo boirense está a realizar diversas obras de mellora na Estación de Tratamento de Auga Potable. A actuación consiste na instalación de seis novos equipos para elevar a presión na impulsión, así como a posta en marcha dun novo sistema de xestión. As obras están financiada polo Fondo de Cooperación Europeo e conta cun orzamento de preto de 40 mil euros.

O obxectivo das obras é garantir a mellor calidade de auga e unha xestión máis eficaz no subministro. Segundo explicou o propio tenente de alcalde, José Luís Ruíz, unha vez realizada esta actuación, a planta quedará totalmente renovada cun sistema para garantir a máxima calidade e seguridade no abastecemento de auga ós veciños do municipio.

Segundo o edil de Obras, esta actuación non virá a solucionar os problemas de abastecemento de auga que se dan nalgúns núcleos do municipio en determinadas épocas do ano, especialmente no verán. Aínda así sinalou que se están a buscar fórmulas para tratar de solucionar esta situación e garantir así, un subministro axeitado a tódolos veciños do Concelllo, residan no lugar que residan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí