Activa Ogrobe organiza o III Torneo de Nadal de futbol sala

GROVE> O Salón de Plenos do Concello de O Grove acolleu esta mañá a presentación do III Torneo de Nadal de Futbol Sala. Baixo a organización de Activa Ogrobe e coa colaboración do concello, a competición dará cabida a 16 equipos da comarca.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_161210.flv{/flowplayer} 

O alcalde do Grove Xosé Antonio Cacabelos presentou esta mañá no concello o III Torneo de Nadal de Futbol Sala. Acompañado polo edil de deportes, Alfredo Bea, ambos quixeron animar ós veciños a participar neste evento xa consolidado dentro das actividades deportivas do Nadal.

Se o ano pasado o padirño do torneo foi o xogador do Lobelle Alemao, desta volta o elixido foi o xornalista Terio Carrera.

A inscripción xa está aberta para 16 equipos. O torneo celebrarase os días 29 e 30 de decembro e as finais o 2 de xaneiro. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados así como para o máximo goleador e o porteiro menos goleado.

O público que asista a Monte da Vila poderá tamén desfrutar de espectáculos paralelos e participar en diferentes sorteos, como bonos para sesión de spa ou ceas para dous persoas, entre outros.

Redacción Salnés