BTT de récord con meteoroloxía adversa

RIBADUMIA> Récord absoluto o que marcou este ano a BTTinto. 2619 persoas participaron finalmente na proba superando con moito as previsións máis optimistas dos organizadores. Preto de dúas mil participaron na proba propiamente dita, 544 na andaina e só 87 valentes enfrontáronse ó duatlón. Ó esforzo físico houbo que sumar as extremas condicións meteorolóxicas. Chuvia, vento e incluso néboa que pouco axudaron. A BTTinto é xa a treceira proba de BTT máis importante de España e os números así o avalan. Superando as previsións máis optimistas e cunha meteoroloxía do máis adversa, 2.619 persoas tomaron parte na competición. Había tres categorías: a ruta ciclista propiamente dita na que se anotaron dous mil deportistas e que se desputou con dous percorridos: un de dificultade media alta, con distancia de 46 quilómetros, e outra de dificultade media con 33 quilómetros. Na andaina tomaron parte 544 participantes pero á proba combinada, á de duatlón, só se atreveron 87 valentes. Percorreron a ruta curta de BTT e os 20 quilómetros da andaina. A BTTinto é unha proba de exaltación de deporte, non hai clasificacións, pero cabe salientar a proeza de Alberto Damián, de Betanzos, primeiro en pasar a liña de meta do Duatlón; Ringo Deza, que rematou tamén en primeira posición a ruta ciclista longa, e Ernesto Soto a curta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/galoviladecruces.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/BTTINTO2014.mp4 {/flowplayer}