Comeza unha nova edición do Outlet de Vilanova

    outlet_vilanovacopy.jpgVILANOVA> Máis de corenta establecementos instaláronse no pavillón de Deportes. A feira estará aberta ata o vindeiro domingo.

    {flowplayer}images/salnes/OUTLET_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá abríronse as portas do outlet de Vilanova. Un total de corenta e un establecementos instaláronse no pavillón de Deportes da localidade. Roupa, calzada, xoiería, alimentación e ata videoxogos son algúns dos stand que se poden atopar nesta feira ata o vindeiro domingo. O alcalde da localidade visitou esta mañá as instalacións ó mesmo tempo que os comerciantes daban os últimos retoques.

    Foron os propios comerciantes os que recoñeceron que o feito de que se organicen este tipo de feiras axuda a potenciar o pequeno comercio da localidade polo que as expectativas son boas. Por iso, animan ós veciños do Salnés a que se acheguen esta fin de semana ata Vilanova e coñezan os seus produtos.

    Xogos para os máis cativos, desfiles de moda, queimada e ata unha chocolatada completan o oferta lúdica desta nova edición do outlet de Vilanova.

    Redacción Salnés