A Pobra reforza a aposta polo seu patrimonio nesta Semana Santa

A POBRA> A Pobra volve apostar por poñer en valor tódolos seus recursos patrimoniais, históricos e medioambientais de cara a esta Semana Santa. Visitas guiadas, rutas de natureza ou obradoiros de marisqueo compoñen unha completa e atractiva oferta para os visitantes.

A Pobra é moito máis que turismo gastronómico e de praias. Sábeno ben no departamento de Turismo do concello que deseñou un programa moi completo poñen en valor a riqueza patrimonial e natural do municipio.

Unha das citas imprescindibles será ‘A Nosa Feira’ que abrirá xa o 31 de marzo con 14 postos instalados nos xardíns Valle-Incllán. O mércores 5 terá lugar o obradoiro de Marisqueo nos Areos a cargo da asociación Mar da Pobra.

Ademais das rutas polo treito do camiño A Orixe que discorre pola Pobra e pola contorna do Río Pedras haberá visitas guiadas polo centro histórico da Pobra e á capela da Alba.

As actividades precisan de inscrición previa que se pode realizar na oficina de turismo da Casa Mariñeira ou no enderezo turismo@apobra.gal-.