O extesoureiro recoñece ter retirado 300 mil euros da confraría

    confraria copia100.jpgO GROVE> Nega calquera responsabilidade sobre o resto do medio millón de euros desaparecidos segundo a confraría.

    {flowplayer}images/salnes/CONTABLE_CONFRARIA_GROVE.flv{/flowplayer}

    O primeiro en declarar ante a xuíza do Xulgado de Instrucción número 1 de Cambados foi o patrón maior da confraría. Francisco Iglesias deu conta dos sistemas de contabilidade e economía empregados no pósito para xestionar os fondos, para poder entender as posibles operacións que puido ter realizado o ex empregado para retirar unha cantidade tan elevada de diñeiro.

    O segundo en declarar foi o home sobre o que pesa a acusación de desfalco. O extesoureiro recoñeceu ante a xuíza ter retirado un total de 300 mil euros dos fondos do pósito, unha cantidade que dista moito do medio millón desaparecido denunciado pola confraría. Como atenuante, o home argumentou padecer ludopatía, asegurando que o diñeiro retirado foi empregado para xogarlo en varios casinos dentro e fóra de Galicia. Unha versión que, dende a confraría, rexeitan de pleno.

    Sobre o resto dos cartos, o contable negou ter acceso directo a eles, e incluso sinalou a outros traballadores da peixería e da lonxa como supostos responsables.

    A pesares de que onte o extesoureiro reiterou ante a xuíza a súa intención de facerse cargo da débeda, o avogado da confraría asegurou que van loitar para que se lle impute a cantidade total desaparecida.

    Despois de ambas declaracións, a xuíza deberá determinar o seguinte paso nesta querela criminal, aínda que o caso será remitido á Fiscalía para que tome unha decisión.

    Redacción Salnés