Vilagarcía porá en valor a importancia de recuperar espazos para os peóns cun Congreso sobre a mobilidade do futuro

VILAGARCIA> Vilagarcía celebrará o seu primeiro congreso sobre a mobilidade do futuro. O concello busca concienciar a poboación da importancia de recuperar o espazo dos peóns en lugar dos vehículos dentro das vilas. Terá lugar do 20 ao 22 de setembro.

Unha das grandes apostas do concello de Vilagarcía é o seu modelo de cidade, baixo o programa Vaiderúas, o goberno local crea espazos onde os peóns teñen prioridade sobre os vehículos. Froito deste modelo, a vila celebra cada ano a semana mundial da mobilidade, e nesta edición, ademais, organizará o seu primeiro congreso sobre a mobilidade do futuro.

O congreso terá lugar do 20 ao 22 de setembro. Cada día estará dedicado a unha temática diferente con relatores de primeiro nivel. Outros dos obxectivos é que a veciñanza valore cara onde quere que evolucione a súa vila.

Ademais dos relatorios, cada tarde haberá un obradoiro diferente: o primeiro será un paseo pola vila analizando os cambios que se realizaron nos espazos, o segundo será o día de mobilidade é infancia e o terceiro estará dedicado ás persoas que non se senten cómodas andando polas rúas en bicicleta.

O congreso terá lugar no auditorio de Vilagarcía. Tanto a asistencia aos relatorios como a participación nos obradoiros requires de inscricións previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí