O IES Número 1, exemplo de sostibilidade

    axenda21.jpgRIBEIRA> O IES Número 1 deseñou un ambicioso proxecto para o presente curso no marco do programa escolar Axenda 21.

    {flowplayer}barbanza/axenda21.flv{/flowplayer}

    O premio recibido polo instituto ribeirense pola implantación de Axenda 21 durante o pasado curso supón o mellor incentivo para seguir a traballar ó longo deste ano. A prioridade é implicar ó alumnado nas propostas dos distintos equipos de dinamización que teñen como fío común a sustentabilidade con dous obxectivos básicos.

    Ademais ó longo do curso 2010-2011 desenvolveranse outras moitas accións como a creación dun comité ambiental, obradoiros de fotografía ou actividades de sostenibilidade social. Tamén terán continuidade actividades realizadas con éxito o pasado ano como a feira da cultura usada, os reciclaxogos, a xornada ‘Baixemos os fumes’ e o premio ‘Aula Sustentable’.

    O xefe de Servizo de Sostenibilidade da Consellería de Medio Ambiente quixo felicitar á comunidade educativa do centro polo gran traballo feito ata o momento co obxectivo de formar a cidadáns responsables comprometidos co futuro do planeta.

    Redacción Barbanza