A confraría pide o embargo preventivo dos bens do ex contable

    CONFRARIA_GROVEcopy.jpgGROVE> Segundo fontes da investigación, a petición do avogado da confraría xa foi remitida ó fiscal para que se pronuncie ó respecto.

    {flowplayer}images/salnes/CONFRARIA_GROVE.flv{/flowplayer}

    Despois de que a semana pasada coñecíamos que o ex contable da confraría de O Grove recoñecera que se apropiara de trescentos mil euros dos cincocentos mil que desapareceron do cabildo, hoxe fontes da investigación desvelaron que o xulgado número un de Cambados estuda a posibilidade de embargarlle os bens ó acusado.

    Todo, despois de que o avogado da confraría reclamase que se fixe unha fianza para evitar a fuxida do acusado e o embargo preventivo dos seus bens para facer fronte ás débedas. Polo momento, a xuíza encargada do caso xa remitiu ó fiscal a petición do avogado para que se pronuncie se procede adoptar medidas preventivas contra o ex contable.

    Unha vez que se reciba a resolución fiscal a xuíza deberá dicir se dita un auto para o embargo dos bens do ex tesoreiro que levaba sete anos vinculado a ese organismo profesionalmente.

    Redacción Salnés