O Interrías cae ante o Brulak víctima dos seus propios erros

SANXENXO> Mala xornada para os equipos do Salnés. Caeron Grupo Junquera e Viajes Interrías, os portonoveses na casa ante o Pinturas Brulak, por 4-8.

{flowplayer}images/salnes/ResumoInterrias.flv{/flowplayer} 

Mal encontro do Viajes Interrías (4-8) que volveu a amosar a súa peor cara, non no apartado ofensivo pero sí no defensivo. Os de Salgueiro saíron dominando, como lles gusta, e tiveron sempre máis opcións de gol que o seu rival. Pero os erros defensivos, ou mellor dito, os regalos que lle fixeron ó Pinturas Brulak, foron os que decidiron.

Ó descanso chegouse con 1-2 no marcador. O capitán Pibe puxera as táboas, pero xusto antes da pausa os visitantes cazaron unha contra para poñerse de novo por diante.

Un mal comezo de segundo tempo condenou ó Interrías que en apenas tres minutos encaixou dous goles máis. Sen embargo houbo reacción, e con dous tantos de Pedro case consecutios metíanse de novo no partido con 3-4.

A partir de ahí repetiuse a mesma historia. Outro erro defensivo facilitaba as cousas ó Brulak e acadaba de novo unha renta de dous tantos. O Interrías a base de empuxe acadou o 4-5 pero na seguinte xogada, novo despiste e batacazo, 4-6.

Ata ahí chegarían as forzas dos locais, que pese a que o intentaron con porteiro-xogador non acadaron os froitos desexados e viron como o rival aumentaba a conta nos derradeiros intres.

Unha nova derrota para o Interrías que o deixa cada vez máis lonxe da salvación, nunha liga na que a permanencia está moi cara, pois descenden oito dos quince equipos. Agora están a catoce puntos do séptimo posto con quince xornadas aínda por disputarse.

Redacción Salnés