VILAGARCÍA> Deixa a porta aberta despois da petición de unión de Rafael Louzán durante a presentación da candidatura de Tomás Fole.
{flowplayer}images/salnes/RIVERA_MALLO.flv{/flowplayer}
A pesares do que se interpretou como un ofrecemento do presidente da Deputación pontevedresa, o voceiro de Independentes por Vilagarcía asegurou que só ten noticias desta opción a través dos medios de comunicación. Sen embargo, Rivera Mallo non rexeita un posible pacto cos populares para acceder á alcaldía.
Nin Ivil nin Rivera Mallo pechan a porta ó Partido Popular, de feito, o voceiro dos independentes non nega a existencia de conversas. Pero Rivera Mallo insiste en que son os populares os que deben tomar a iniciativa para chegar a compromisos definitivos.
A pesares de non descartar esta posibilidade, Ivil xa comezou a traballar para preparar ó partido para as vindeiras eleccións. Uns comicios nos que esperan conseguir mellores resultados que nos de 2007.
Rivera Mallo, que confesou non ter confirmado se encabezará el a lista do partido para as vindeiras eleccións, asegurou que Ivil aínda está a traballar na lista, polo que polo momento non presentarán unha candidatura definitiva.
Redacción Salnés