A Fundación Amigos de Galicia organiza un concerto benéfico

    CONCERTO_BENEFICOcopy.jpgVILAGARCÍA> A soprano Laura Alonso será a protagonista da actuación. Estará acompañada polo pianista Manuel Burgueras.

    {flowplayer}images/salnes/CONCERTO_AMIGOS_GALICIA.flv{/flowplayer}

    O recital dará comezo ás oito e media da noite. A soprano vilagarciá Laura Alonso ofrecerá un recital lírico no que estará acompañada ó piano polo mestre Manuel Burgueras, o pianista habitual de Montserrat Caballé. O edil de cultura destacou o valor cultural desta actuación que conta con artistas internacionais.

    O concerto organizado pola Fundación Amigos de Galicia ten coma fin último recadar fondos que irán integramente destinados á labor que a Fundación realiza coas familias desde a súa creación.

    A propia protagonista do concerto mostrou a súa satisfacción ó poder colaborar neste proxecto e animou ós vilagarciáns a que asistan ó vindeiro luns ó auditorio de Vilagarcía.

    O prezo das entradas será de dez euros, independentemente da zona do Auditorio.

    Redacción Salnés