![]()
SALNÉS> A Liga Galega de Traíñas deu a coñecer o calendario para esta temporada. Como saben este ano a competición está dividida en dous grupos: o de maior nivel, a Liga A, arrancará o 30 de xuño en Sanxenxo, mesmo día que a B que vaino facer na cidade de Vigo.
En plena temporada de bateis, vaise falando xa de traíñas. A asamblea de clubes que conforman a Liga Galega ven de confirmar o calendario de competión para esta temporada, na que por primeira vez os equipos estarán divididos en dúas ligas.
A de maior nivel, a Liga A, na que estarán entre outras Vilaxoán, Cabo de Cruz ou Amegrove, arrancará cunha regata en Sanxenxo o 30 de xuño, que podería ser de dobre xornada e completarse ó día seguinte. A organización correrá a cargo de Amegrove, que o ano pasado xa celebrou na praia de Silgar a Bandeira Águila.
De xornada dobre será a seguinte bandeira a da Deputación de Lugo, que debuta nesta liga e vaino facer en Viveiro, o 7 e 8 de xullo. As seguintes paradas faranse en Ares e Redondela, para recalar en Vilagarcía o 21 de xullo. Seguiranlles as bandeiras de Ferrol, Mugardos, Moaña e Boiro que será tamnén dobre, os días 18 e 19 de agosto. O playoff quedará os días 25 e 26 de agosto.
A Liga B, na que estáran entre outros Mecos, Rianxo ou Puebla, arrancará en Vigo o 30 de xuño e o día 1 trasladarse á Guardia. A fin de semana do 7 e 8 competirán coa Liga A na Bandeira de Vivieiro. Pola ría de Arousa pasará os días 14 e 15, coas bandeiras de Rianxo e O Grove, e o día 21 estará na Pobra do Caramiñal. A temporada rematará tamén co playoof na derradeira fin de semana de agosto.
Redacción Salnés








