RIBEIRA> O PP de Ribeira organizou un acto para dar a coñecer as liñas básicas do seu programa electoral. Ademais de presentar os proxectos financiados cos fondos procedentes doutras administracións, o candidato explicou as principais actuacións previstas en cada parroquia.
O candidato do PP de Ribeira debullou as principais liñas do seu programa que se estruturan en tres grandes eixos. O primeiro, o da continuidade con numerosas actuacións consignadas grazas a fondos procedentes doutras administracións con proxectos como a futura casa consistorial, a variante, a residencia da terceira idade ou a ampliación do polígono.
A candidatura popular realiza ademais unha forte aposta polas parroquias con medidas estrela en cada unha delas como poden ser a nova área recreativa de Palmeira, o edificio multiusos de Aguiño, a remodelación do casco urbano de Corrubedo ou o desenvolvemento da segunda fase de Abesadas cunha gran área dotacional en Santa Uxía.
O candidato dou tamén a coñecer as medidas estrelas en cada área do programa como a creación dunha nova sala de concertos para xuventude ou o incremento das axudas ós clubs en deportes.