Galicia recupera a mobilidade entre as catro provincias

RIANXO> A entrada na fase tres trae consigo a tan agardada mobilidade interprovincial. Os galegos poderemos circular libremente polas catro provincias o que supón un alivio para os veciños de concellos limítrofes que se atopan separados administrativamente.

Rianxo levaba tempo agardando recuperar a mobilidade interprovincial para poder circular novamente pola ponte de Catoira. Esta distancia de apenas quilómetro e medio é a que percorrían moitas veciños de lugares como Isorna para realizar xestións cotiás. Sen embargo, dende a declaración do estado de alarma víronse obrigados a desprazarse ata o centro de Rianxo ou outros concellos máis afastados ante a prohibición de cambiar de provincia.

Dende que se restrinxira a mobilidade entre provincias detectáronse diversas infraccións a este respecto. Dende o concello de Rianxo agardan que as sancións impostas poidan verse rebaixadas unha vez formuladas as pertinentes alegacións tendo en conta as circunstancias excepcionais destes dous concellos limítrofes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí