O Portonovo acada a primeira victoria do ano coma local

SANXENXO> Por fin gañaron na casa os de Jacobo Molina: 2-0 ó Negreira, con tantos no segundo tempo de Douglas e Sergio Portela.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_221210.flv{/flowplayer} 

Rematou o gafe ou o que quera que fose o que lle impedía gañar ó Portonovo na casa. Os de Jacobo Molina, no día da Lotería recibiron o seu agasallo de Nadal. Pero non foi nin moito menos cuestión de sorte.

O encontro houbo que traballalo e sobre todo loitalo debido as malas condicións que presentaba ó céspede de Baltar. O dominio territorial foi case sempre dos visitantes, mentres que o Portonovo adicábase a defenderse e tentar cazar unha xogada aillada.

Esa xogada chegou no minuto 60 cando Douglas cazou un coiro dentro do área para poñer o 1-0. Quedáballe media hora por diante de sufrimento ó Portonovo, que soubo defenderse das acometidas do Negreira, que aínda que non foron moitas, levaron en varias ocasións ó susto ós graderíos. O maior deles cando foi anulado un tanto ós visitantes por fóra de xogo, cando o encontro xa agonizaba.

A sentencia non chegaría ata o último suspiro. Cos visitantes buscando a igualado de xeito desesperado, Portela cazou un rexeite. Por diante del, 70 metros e tan só o porteiro rival, que tentou parar o coiro coa man, pero non o acadou. Con algo de suspense Portela coclocaba o 2-0 no marcador, un resultado que dependendo dos que se dean esta noite, pode servirlles para pasar o Nadal fóra dos postos de descenso.

Redacción Salnés