![]()
A CORUÑA> Xa lle anunciamos onte que grazas ó apoio de Marineda City José López Rivas participará por quinta vez no Dakar. O piloto afincado en Sanxenxo deixou moi claro na presentación do equipo, que o obxectivo volve a ser rematar a proba, sen importar a posición.
{flowplayer}images/salnes/dakar_070911.flv{/flowplayer}
Non hai quinto malo ou cando menos iso é o que pensa José López Rivas, que afronta por quinta vez o Dakar. Será grazas ó apoio de Marineda City, que este ano será o seu sponsor principal. Na presentación oficial do equipo, que tivo lugar onte no centro comercial coruñés, López Rivas amosouse feliz polo simple feito de estar na saída o 1 de xaneiro e retornar á proba trala ausencia do ano pasado
Máis optimista é José Souto, un dos propietarios de Marineda City, que ve a López Rivas loitando entre os mellores.
O equipo pasará a chamarse Racing DaKart-Marineda City e coma sempre o coche será un Mitsubishi L-200, que terá que percorrer entre o 1 e o 15 de xaneiro máis de 10.000 quilómetros en condicións extremas.
O que aínda está sen confirmar é quen acompañará a López Rivas como copilloto, aínda que todo apunta a que volverá a ser Joan Rubí.
Redacción Salnés







