Os socialistas acusan a Durán de facer obras con intereses electoralistas

    VILANOVA> O PSOE de Vilanova critica os tempos das obras do Partido Popular. Segundo os socialistas, a formación de Gonzalo Durán está a usar as institucións con intereses partidistas. Tanto é así que hai uns días levaron o caso ante a xunta electoral. As acusacións non gustaron ao rexedor vilanovés, que insistiu en que o seu goberno comeza as obras cando chegan os cartos.

    Hai uns días o Partido Socialista de Vilanova levou ante a Xunta Electoral o uso que, baixo o seu punto de vista, fai o Partido Popular de Gonzalo Durán das institucións.

    O Partido Socialista está tamén inmerso na campaña electoral. A formación considera que está a conectar cos veciños de Vilanova, pero denuncian a estratexia que, aseguran, ano tras ano segue Gonzalo Durán. Para o alcaldable Javier Dios, chama a atención a cantidade de obras anunciadas polo alcalde nos últimos tempos.

    Pola súa banda, Durán deféndese destas acusacións. Para o rexedor, o seu goberno non traballa pensando no calendario electoral.

    Gonzalo Durán asegurou que a credibilidade diante dos veciños avala a xestión do seu partido á fronte do concello vilanovés.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/pp_psoe_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/pp_psoe_vilanova.mp4{/flowplayer}