BARBANZA> Un ano máis a Mancomunidade Barbanza Arousa e a asociación cultural Alberto Romero renovan o seu convenio de colaboración que permitirá entre outras cuestións darlle continuidade ó certame de curtas que promove esta última entidade e que chega este ano a súa décima edición.
Como en anos anteriores haberá cinco categorías, unha para educación primaria, outra para secundaria, diversidade funcional, libre e Barbanza-Arousa, coa que se busca poñer en valor o territorio, contribuíndo á súa consolidación como destino de turístico.
Coma principal novidade é que este ano o certame ábrese tamén a outras zonas de Galicia.
Os interesados en concorrer ó certame poden presentar as súas curtas ata o 28 de febreiro. A cantidade económica destinada a premios é de 1.800 euros.
Pero a maiores a asociación desenvolve tamén nos catro concellos talleres audiovisuais totalmente gratuítos orientado a alumnado de educación secundaria para os que cómpre inscribirse a través do correo apegocores@gmail.com ou no teléfono 662531453.











